Novas

Novidades ou artigos de interese no eido do desenvolvemento web

Entrevista en WebReactiva

fai 5 anos, 8 meses …/Xeral
Entrevista en WebReactiva Despois de levar moito tempo sen escribir ningún artigo este pasado martes publicouse a entrevista que me fixo Daniel Primo para o Podcast WebReactiva. Un Podcast que trata principalmente temas de desenvolvemento web e novas tecnoloxías imprescindible para persoas que estamos no eido do desenvolvemento web.
ler máis »

Visual Studio Code dispoñible para Linux

fai 8 anos, 10 meses …/Xeral
Visual Studio Code dispoñible para Linux Microsoft vén de publicar o seu novo editor de código Visual Studio Code (que non IDE) de balde, baixo uns termos de licenzamento un pouco particulares. Como todos os editores de código que están aparecendo ultimamente non fai máis que copiar a interface de Sublime, e tamén funcionalidades como a "Paleta de Comandos", edición simultánea en varias pestanas, ...
ler máis »

Os frameworks PHP máis prometedores para 2014

fai 10 anos, 2 meses …/PHP
Os frameworks PHP máis prometedores para 2014 Con cada 1 de xaneiro aparecen novos artigos coas tendencias para o novo ano. Cal será o framework PHP máis prometedor para 2014? Que linguaxe de programación será o máis demandado? En Sitepoint veñen de facer unha enquisa sobre cal será o mellor framework PHP para 2014, é o gañador foi ...
ler máis »

Ataque contra a web php.net

fai 10 anos, 3 meses …/PHP
Unha ferramenta de investigación de Barracuda Networks detectou tráfico procedente de php.net e un investigador da compañía declarou que hackers inxectaran código JavaScript daniño no arquivo userprefs.js da web php.net. O ataque redirixía aos visitantes de php.net a unha web de terceiros que buscaba plugins vulnerables nos navegadores do usuario para comprometer os sistemas dos visitantes a través dun arquivo SWF con código daniño.
ler máis »

Máster en desenvolvemento Web on-line

fai 10 anos, 8 meses …/Xeral
Máster en desenvolvemento Web on-line Nova edición do Máster en Desenvolvemento Web da Universidade Jaume I. A meirande parte de profesionais do mundo web non dispoñen de vías sinxelas para porse ao día en novas tecnoloxías. Nos estudos de enxeñarías informáticas tampouco hai lugar para a especialización e profundización, a ocasións nin se tocan os conceptos das tecnoloxías web actuais.
ler máis »

A versión 8 de Komodo inspírase en Sublime Text

fai 11 anos …/Xeral
A versión 8 de Komodo inspírase en Sublime Text A nova versión de Komodo 8 (IDE e Edit) tivo un lavado de cara co restyling de interface que lle fixeron inspirándose en Sublime Text. Calquera dos dous editores parécenme tremendos para desenvolvedores web. Levo moitos anos con Komodo e síntome moi "kómodo" con él, de todos modos hai que valorar os moitos paquetes de Sublime Text.
ler máis »

Presentación na LSWC

fai 11 anos, 5 meses …/Xeral
Presentación na LSWC O pasado día 19 de outubro participei como relator na Libre Software World Conference 2012, coa charla «El quiero y no puedo de un Escritorio de Trabajo en Software Libre en el SPEG».
ler máis »

Liberada a nova versión de Zend Framework, ZF2

fai 11 anos, 6 meses …/PHP
Liberada a nova versión de Zend Framework, ZF2 Despois de moitas versións beta e RC xa está dispoñible a versión 2 de Zend Framework (ZF2). ZF2 é un framework open source para o desenvolvemento de aplicacións web e servizos empregando PHP 5.3+ Zend Framework 2 é 100% orientado a obxectos e emprega as novas características de PHP 5.3 dun xeito intensivo: espacio de nomes, funcións lambda, closures, carga perezosa de clases, ...
ler máis »

Crea un proxecto HTML5 en 15 segundos

fai 12 anos, 9 meses …/HTML5
Crea un proxecto HTML5 en 15 segundos Initializr é un asistente que facilita a creación de plantillas HTML5. O asistente permite escoller se a plantilla incluirá contido, que librerías de javascript incluir (jQuery, modernizr, html5shiv, ...), ficheiros de configuración do lado servidor (.htaccess, web.config ou nginx.conf), si se inclúe código de seguemento (google analytics),... Despois de escoller as nosas preferencias e premer en Download, descargarase nun zip unha plantilla moi útil para comezar a traballar cun código HTML5. O código está moi limpo e coidado, e os engadidos coma o ficheiro .htaccess ten en conta moitos aspectos que mellorarán o comportamento do servidor, só basta botarlle unha ollada: HTML5 Boilerplate Server Configs
ler máis »

Seminario técnico sobre Web Services

fai 12 anos, 10 meses …/Xeral
Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar en colaboración con Oracle, o vindeiro martes día 7 de xuño, de 10:00 a 13.30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario técnico sobre web services.
ler máis »

IBM lanza Maqetta

fai 12 anos, 11 meses …/HTML5
IBM lanza Maqetta Maqetta preséntase coma un proxecto de código aberto para ter unha ferramenta, empregando HTML5 con soporte drag & drop, para o desenvolvemento de interfaces web, tanto para contornos de escritorio como para móbiles. Ao estar creada seguindo os estándares da web o aplicativo traballará nos navegadores sen a necesidades de complementos adicionais. O código fonte do aplicativo pódese descargar e instalar en servidores propios ou realizar «customizacións» adicionais.
ler máis »

Web Developer Tools, caixa de ferramentas para o desenvolvemento…

fai 12 anos, 11 meses …/Xeral
Web Developer Tools,  caixa de ferramentas para o desenvolvemento web Está dispoñible a versión 2.6.6 de WDT (Web Developer Tools), unha toolbox de aplicacións e utilidades para axilizar o desenvolvemento web. OLLO! non confundir coa toolbar para firefox "Web Developer Toolbar", outra ferramenta indispensable.  
ler máis »

Liberado ZK Spreadsheet 2.0

fai 13 anos, 2 meses …/Javascript
Liberado ZK Spreadsheet 2.0 ZK Spreadsheet é un compoñente ajax que permite embeber unha folla de cálculo nunha web con todas as funcionalidades dun Excel. Seguindo o estilo de Google Docs permite a edición colaborativa do documento online. Permite importar os teus ficheiros Excel 2003/2007 a ZK Spreadsheet, ontrolar e configurar a folla de cálculo ajax con código Java e integrala coas nosas solucións de back-end, entre outras moitas cousas.
ler máis »

A accesibilidade web dos concellos obtén un 6,5

fai 13 anos, 3 meses …/Accesibilidade
A accesibilidade web dos concellos obtén un 6,5 O pasado 24 de novembro presentouse o «Observatorio de Accesibilidad a Municipios» co fin de contribuír a mellora da accesibilidade nas localidades no Estado. Este observatorio encargarase de estudiar a accesibilidade física (rúas, edificios, ...) e tamén a accesibilidade web. Neste último apartado a empresa Technosite foi a encargada de elaborar o estudio das webs municipais.
ler máis »

WebSocket deshabilitado en Firefox 4 e Opera por seguridade

fai 13 anos, 3 meses …/Javascript
Recentes probas atoparon que o protocolo Websocket (ws://) é vulnerable a ataques. Adam Barth demostrou algúns ataques contra o protocolo que podería facer que un atacante "envenene" as cachés que están entre o navegador e a Internet.
ler máis »

Ler documentos ODT nun terminal

fai 13 anos, 3 meses …/Xeral
Ler documentos ODT nun terminal Instalando aplicacións web nun servidor normalmente trabállase nunha sesión SSH nun terminal, e en ocasións temos que botar man da documentación para ver os pasos a seguir. A documentación do software nestes casos suele vir en formato texto, con nomes do estilo README, INSTALL, ...Non é normal atopar a documentación en formato ODT, pero si se dese o caso podemos instalar odfread para poder ler o documento sen necesidade de ter un contorno de escritorio. Odfread vén dentro das odftools que podemos atopar en OpenDocument Fellowship.Os requisitos para instalar as odftools son: Perl, make, xsltproc e eLinks ou Lynx.
ler máis »

Certificación PHP 5.3

fai 13 anos, 3 meses …/PHP
Certificación PHP 5.3 Zend vén de liberar a guía de estudio para chegar a ser un ZCE PHP 5.3 certified. No exame de certificación, (200-530 ZCE PHP 5.3) inclúense as novidades da versión 5.3 da linguaxe PHP. Destaca o tema que trata os namespaces, as closures, ...
ler máis »

Certificacións da NCSA

fai 13 anos, 6 meses …/Xeral
NCSA, We would like to let you know about a special program we have set up for customers in Spain.
ler máis »

W3C Unicorn en galego

fai 13 anos, 7 meses …/Accesibilidade
W3C Unicorn en galego A interface do validador unificado Unicorn da W3C xa está dispoñible en galego. Unicorn é un validador "unificado" o cal proporciona, dende unha mesma interface, a posibilidade de executar múltiples validacións contra os URI que desexemos. Tamén é posible descargar o código fonte do proxecto.  
ler máis »

Publicadas as presentacións da JSConf 2010

fai 13 anos, 8 meses …/Javascript
Dende a páxina Devthought están dispoñibles as presentación da JSConf 2010. » http://devthought.com/blog/2010/05/jsconf-2010-slides/  
ler máis »