JavaFx, a escolla de Vancouver 2010

A páxina dos xogos de inverno, Vancouver 2010, escolle JavaFx como tecnoloxía para amosar aos medallistas doutras olimpíadas nunha interface moi atractiva. A hexemonía de solucións Flash comenza a ter candidatos cada vez máis fortes e maduros.

Os applets Java, que noutrora non tivera éxito por mor das precariedades dos navegadores e dos anchos de banda, poden ter éxito agora da man de JavaFx. Esta tecnoloxía permite desenvolver solucións para diversos dispositivos/plataformas (móbiles, clientes de escritorio pesados - JNPL, applets para a web, ...) empregando unha sintase simplificada e máis declarativa; xunto cunha serie de compoñentes pensados para aplicacións Web 2.0 (players de vídeo/son, efectos visuais, integración con API Rest para creación de Mashup, ...)

 

 

vancouver-javafx

Pantallazo do applet desenvolvido con JavaFx

 

Dende a páxina de JavaFx é posible probar os exemplos dispoñibles para facerse unha idea das posibilidades desta tecnoloxía.

Para poder probar estos exemplos é necesario ter instalado o JRE de Java. En GNU/Linux despois de instalar o JDK (no meu caso) copiei ao cartafol de plugins de firefox (~/.mozilla/plugins/) o ficheiro <path-o-jdk>/jre/plugin/i386/ns7/libjavaplugin_oji.so

OLLO! a xente que faga uso da extensión de Firefox noscript ten que habilitar na páxina os applets que desexe que funcionen.

 

Referencias:

Última actualización 2012-07-28
3:02 AM (Europe/Madrid)
Data de creación 2009-12-12
12:38 PM (Europe/Madrid)
javafx vancouver applets