Ler documentos ODT nun terminal

bluemarine_logoInstalando aplicacións web nun servidor normalmente trabállase nunha sesión SSH nun terminal, e en ocasións temos que botar man da documentación para ver os pasos a seguir. A documentación do software nestes casos suele vir en formato texto, con nomes do estilo README, INSTALL, ...

Non é normal atopar a documentación en formato ODT, pero si se dese o caso podemos instalar odfread para poder ler o documento sen necesidade de ter un contorno de escritorio. Odfread vén dentro das odftools que podemos atopar en OpenDocument Fellowship.

Os requisitos para instalar as odftools son: Perl, make, xsltproc e eLinks ou Lynx.

 

Os pasos de instalación son:

cd /tmp
wget -c http://opendocumentfellowship.com/~daniel/odftools-0.1.tgz
tar -zxvf odftools-0.1.tgz
cd odftools-0.1
make
sudo make install

 

Unha vez instalado o software soamente basta con executar odfread seguida da ruta ao documento ODF:

$ odfreader documento.odt

Odfreader emprega a súa vez a ferramenta odf2html para convertir o documento ODF a html, para despois abrir este ficheiro temporal empregando eLinks ou Lynx. Sinxelo e útil!

 

odfreader-pantallazo
Pantallazo do funcionamento de odfreader e OpenOffice.org

Última actualización 2012-08-20
12:19 AM (Europe/Madrid)
Data de creación 2010-12-04
12:02 AM (Europe/Madrid)
Ler documentos de openoffice.org nun terminal
toolbox