Os frameworks PHP máis prometedores para 2014

O gañador foi Laravel, seguido de Phalcon e symfony2. Resulta curioso cando menos, que Laravel emprega como base os compoñentes de symfony2. Na imaxe poden observarse os principais resultados:

Enquisa sobre o mellor framework PHP para 2014

 

Na miña opinión o framework "a aprender" é symfony2. Xa son varios os proxectos que están a traballar con symfony2 como base, por exemplo Drupal, ezPublish, o mesmo framework Laravel. Ademais o seu deseño arquitectónico baseado en compoñentes non restrinxe a implementación de distintas solucións, no caso doutros frameworks é necesario implementar determinadas funcionalidades esixidas polo fluxo de traballo do propio framework.

Laravel pareceume un "recocido" de paquetes, que din que ten unha curva de aprendizaxe máis sinxela que symfony2. O equivalente de symfony2 a debian, sería Laravel a ubuntu. Sinceramente non me parece tan revolucionario, inda que seguramente en 2014 farei algúns "experimentos".

Sorprende por outra banda que Zend Framework, tanto a versión 1 coma a 2, non cheguen a sumar máis votos. ZF 1 é un dos framework con máis compoñentes exclusivos, por exemplo (Zend_Search_Lucene).

Yii é un dos frameworks co que máis me encontrei a gusto, uso sinxelo e intuitivo, desenvolvemento rápido e ben documentado.

Phalcon é a tarefa pendente ... a ver se para 2014 ;-)

Máis información: Sitepoint
 

Última actualización 2013-12-31
8:14 PM (Europe/Madrid)
Data de creación 2013-12-31
7:52 PM (Europe/Madrid)
zendframework framework php yii phalcon laravel

Relacionados